A Coruña reivindica as tapas

A Coruña celebra en agosto as súas festas máis importantes e o aspecto gastronómico tamén se coida, coa celebración de ata tres certames.

Unha nova edición do “Picadillo” de tapas e do “Doña Emilia” de repostería súmanse a unha nova proposta, o “Pinchos Marineda”, cos que se pretende fomentar a especialización e destacar a tradición local do tapeo. A Coruña representa unha das primeiras iniciativas dentro desta febre das tapas que viven moitas localidades galegas e españolas.