Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 17 de julio de 2008

A Coruña regresa á Idade Media

O vindeiro martes comeza a feira medieval de A Coruña que este ano recibe o nome de “Crunia 1208. Feira das marabillas”, en conmemoración do 800 aniversario da cidade. Unha vez máis, as rúas e prazas da zona vella volverán reencontrarse co seu pasado medieval, cun denso programa de actividades e coa instalación duns douscentos postos, tanto de artesanía como gastronómicos. Unha das actividades máis novidosas desta edición será a cea medieval que se realizará no Xardín de San Carlos o día 24.

Todos os asistentes terán que cumprir dous requisitos: pagar 28 euros e ir ataviados con traxes medievais. O menú estará composto por produtos típicos como empanada, queixo, mexillóns, polbo e torta de Santiago. A animación da cidade incluirá teatro de rúa, música, malabares e pirotecnia.