Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 31 de julio de 2008

Cambados convértese na capital mundial do albariño

Xa botou a andar a LVI Festa do Albariño que converte a Cambados na “capital mundial do albariño”, según indicou o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, no acto de inauguración. Ata o domingo, a vila arousana bótase á rúa para ensalzar o produto polo que é máis coñecida, o viño albariño. Os asistentes á inauguración recoñeceron o bo momento que atravesa o sector e a necesidade de seguir traballando, sobre todo no eido da promoción.

O conselleiro, nese sentido, matizou que os Rías Baixas gozan de “boa saúde”. Pola súa banda, o director xeral de Turismo, Rubén Lois, indicou que a Festa do Albariño está “entre as dúas ou tres máis importantes de Galicia” e salientou que debería ter un financiamento “estable”.