Cabreiroá consegue a certificación en Seguridade Alimentaria

Cabreiroá conseguiu a certificación ISO 22000 en Seguridade Alimentaria por AENOR, que constata o esforzo realizado pola empresa por superar estrictos estándares de calidade e control en todos os seus produtos.

Cabreiroá completa así as principais certificacións relacionadas co sector, sendo a primeira empresa galega de auga mineral en conseguilas e situándose á cabeza do sector a nivel nacional.