Bernat Soria e Pérez Touriño presiden a entrega do Pazo Baión a Condes de Albarei

O ministro de Sanidade e o presidente da Xunta apadriñaron hoxe o acto simbólico de entrega do Pazo Baión aos seus novos propietarios: a cooperativa cambadesa Condes de Albarei. Ambos dirixentes cualificaron de día “moi feliz” o traspaso da finca, un dos principais tesouros do narcotraficante Loureano Oubiña e símbolo da loita dos colectivos antidroga.

Un día cargado de simbolismo que non perderon outras autoridades, como a delegada do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, Carmen Moya; a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino ou o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras. O Pazo será convertido nun centro enoturístico con hotel e da súa finca sairá un novo viño.