Ata sete comunidades autónomas españolas, en Termatalia

Do 3 ao 5 de outubro terá lugar unha nova edición de Termatalia, na que xa confirmaron a súa presenza sete comunidades autónomas españolas.

Extremadura, Castela A Mancha, Cantabria, Canarias, Murcia, Comunidade Valenciana e Andalucía trasladarán a Expourense a súa oferta termal mentres que a galega estará representadas por Turgalicia, a Asociación Galega de Balnearios e os Centros de Talasoterapia. Segundo un estudo de Turgalicia, o turista de balnearios gasta 45 euros máis ao día que o turista medio. Ademais, este tipo de visitantes ten un maior nivel de satisfacción das súas expectativas en canto a aloxamento se refire.