As pernoctacións en Galicia caen un 4%

Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), os hoteis galegos rexistraron 699.219 pernoctacións en xuño, o que representa un descenso do 4% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Paralelamente, os prezos hoteleiros tamén baixaron un 0,4% neste periodo.

No conxunto de España, contabilizáronse no mes pasado 27,8 millóns de pernoctacións, un 2,3% menos que hai un ano. Os prezos, pola contra, subiron na media do Estado nun 1,6%. En Galicia tamén baixou o número de viaxeiros en xuño, ata acadar os 323.502. A estancia media situouse nos 2,16 días.