A apertura da autovía do Salné reduce os atascos

Os automobilistas que se desprazan habitualmente pola anteriormente denominada Vía Rápida do Salnés xa respiran tranquilos trala apertura da autovía, que favorecerá unha considerable redución dos atascos. Esta zona é moi sensible, dado que esta vía serve de enlace coas principais praias da zona sur da Ría de Arousa, fundamentalmente Sanxenxo e O Grove.

Quedan atrás máis de dous anos de obras e un investimento superior aos 54 millóns de euros.
Outra autovía que segue a abrirse por tramos é a da Barbanza, que xa pode percorrerse na súa maioría, favorecendo, asimesmo, o acceso ás zonas costeiras desta península arousana.