Buscar/Hemeroteca

Cargando...

lunes, 28 de julio de 2008

Ao rico pemento en Arnoia e Herbón

Esta fin de semana continúan as festas gastronómicas de produtos de tempada. Neste caso son as vilas de Arnoia e Herbón (Padrón) as que toman o protagonismo, con senllas festas adicadas ao seu produto máis senlleiro: o pemento. Son festas de Interese Turístico e atraen a milleiros de visitantes, que non perden a oportunidade de degustar este afamado produto.

En Arnoia máis grandes e en Herbón (uns pican e outros non), os pementos saltan ás tixolas e acompáñanse de actos relixiosos e lúdicos de todo tipo e para todos os públicos.