Un "Tapasporte" para moverse por Santiago

Os turistas que se acheguen este verán a Compostela terán un motivo máis para degustar a rica gastronomía local. Participando no concurso “Santiago (é) Tapas” poden obter o Tapasporte, unha credencial que se vai selando a medida que se van consumindo tapas.

Esta iniciativa propón cinco rutas ou etapas gastronómicas, formadas por establecementos próximos entre si para promover as diferentes zonas de tapeo da cidade: Obradoiro, Praza de Cervantes, Praza de Galicia, Praza Roza e o Camiño Francés. Os posuidores dun Tapasporte poderán optar a centos de premios directos segundo o número de etapas que completen, como botellas de viño, cheques regalo, camisetas, guías gastronómicas ou cursos de cata. En total, entran no concurso 113 tapas.