Récord de recadación en terrazas

O Concello de Santiago ingresará 120.000 euros grazas ás taxas que pagan os hostaleiros polas case 200 terrazas que se instalan na cidade. A cifra é notablemente superior á dos anos anteriores.

Os hostaleiros confían en que, coa chegada do bo tempo, os turistas cheguen masivamente a Compostela e, a pesar da crise, realicen un forte desembolso na cidade.