Publicado o decreto que regula os furanchos

A finais de mes entra en vigor o decreto que regula a actividade desenvolvida polos denominados furanchos ou loureiros, que terán, a partir de entón, tres meses para legalizar a súa situación. Así, agárdase que en outubro todos os furanchos que existan se acollan ás normas establecidas pola Xunta de Galicia. Fontes do Goberno autonómico sosteñen que a maioría terá que pechar ou tratar de conseguir unha licenza de restaurante ou cafetería, para o que deberán cumprir unha serie de requisitos.

Os que decidan permanecer como furanchos tamén terán que variar a súa forma de proceder anterior. Por exemplo, non poderán subministrar viño embotellado, senón que ten que proceder directamente do barril. Ademais, os produtos alimenticios que se ofrezan non poderán ser elaborados no propio furancho. Outros requisitos refírense á iluminación, ventilación e accesibilidade dos establecementos.