Premios Agader

Biocoop, Mardelira e Delicias do Souto recibiron os Premios Agader ás iniciativas de Desenvolvemento Rural 2007. A cooperativa ourensá que produce carne de vacún ecolóxica recibiu o primeiro premio “polo seu traballo, que tamén permite manter o territorio limpo e libre de lumes, fomentando o respecto polo medio ambiente e ofrecendo produtos de máxima calidade”.

O segundo premio foi para Mardelira, unha iniciativa de desenvolvemento sustentable que serve de motor económico da zona. Na terceira categoría foi premiada a empresa situada en O Courel Delicias do Souto, que se adica á transformación da castaña seca.

Os premios aos proxectos impulsados por xente nova recaeron en Cabras do Xurés e Ecocelta Galicia Sine.