Premio para o casco histórico pontevedrés

A Xunta de Galicia concedeu o Premio Nacional da Cultura Galega, na modalidade de Patrimonio Cultural, ao Concello de Pontevedra polo traballo de recuperación do casco histórico feito nestes nove anos. O xurado valorou a remodelación polo alcance da súa rehabilitación e revitalización do casco histórico, feita con visión de cidade, rúa a rúa, e coa intervención de varios arquitectos. Hoxe por hoxe é un dos seus grandes atractivos turísticos.

Por outro lado, a Capela da Peregrina vén de estrear nova iluminación en cor azul, que simboliza o Camiño de Santiago. En calquera caso, o templo non se verá en todo o seu esplendor ata finais de mes ou principios de xullo, cando se retirarán os andamios das obras que se realizan no seu exterior.