Pontearnelas volve á época medieval

O lugar de Pontearnelas, en Vilanova de Arousa (Pontevedra) celebrará os días 25 e 26 de xullo a I Feira Medieval, coa que volverá aos séculos XV e XVI, nos que viviu unha época de esplendor. Convídase a todos os veciños e visitantes a que acuden ataviados con traxes de época para gozar do programa de actividades deseñado que inclúe malabares, competicións de tiro con arco e actuacións musicais como a do grupo Martín Códax.

Pontearnelas está moi próximo a concellos como Cambados e Ribadumia, polo que se agarda unha gran afluencia de público.