O Courel, Parque Natural

Seis entidades asociativas de O Courel veñen de dirixirse de novo á Consellaría de Medio Ambiente para esixirlle o cumprimento dos prazos que ela mesma fixou para a presentación do proxecto do Parque Natural.

Mentres esta data non chega, as asociacións insisten en que “o deterioro ambiental do Courel persiste sen que se acaben de concretar as oportunidades de desenvolvemento alternativo que o Parque Natural pode e debe aportar aos veciños”. Os colectivos recordan que a súa petición está respaldada por máis de 21.000 sinaturas que foron entregadas no Rexistro da Xunta de Galicia.