Novo material divulgativo sobre o Camiño Portugués

A Dirección Xeral de Patrimonio vén de editar unha colección de seis folletos sobre o Camiño Portugués a Santiago, que foron presentados en Pontevedra polo director xeral, Felipe José Arias. Editados en galego e castelán, os folletos desmenuzan cada unha das etapas desta ruta, dende Tui ata Compostela. Cada exemplar detalla os principais puntos de interese de cada percorrido e adxunta teléfonos e direccións de establecementos hosteleiros.

Estes folletos foron presentados pola Asociación de Periodistas do Camiñoo de Santiago, por parte do seu presidente, Cristóbal Ramírez. O obxetivo é potenciar e protexer esta ruta.