I máis D no campo e no mar

O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) sae ao campo e ao mar para realizar proxectos que promoven o uso das novas tecnoloxías na mellora dos alimentos. Un deles céntrarse na recuperación e promoción do uso das variedades autóctonas do millo galego para a produción de fariñas, pan, empanada ou tortas. Tamén traballa o CSIC nas adegas, recentemente obtendo a primeira levadura de Albariño en colaboración con Terras Gauda, e que permitirá á adega manter a calidade e os aromas da variedade a pesar do cambio climático.

Pola súa banda, o Instituto de Investigacións Mariñas desenvolve varios proxectos para tentar determinar as consecuencias do cambio climático e que apuntan cara un aumento da produción de percebes e un descenso na de ameixas e berberechos.