I Foro de Enoturismo en Cambados

O Centro Comarcal de O Salnés acolle, o vindeiro 25 de xuño, o I Foro de Enoturismo e Desenvolvemento Rural, co obxectivo de promocionar as rutas do viño de Rías Baixas. O presidente da Asociación Española de Cidades do Viño (Acevin), Fernando Sánchez de Bódalo, será un dos ponentes. Tamén participarán representantes das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas que debaterán sobre o papel das D.O. como dinamizadoras do enoturismo. A clausura do evento correrá a cargo do delegado de Medio Rural, Gonzalo Constenla.
Por outro lado, Acevin acordou solicitar un proxecto europeo incluído no Interreg IV, de cooperación entre España e Portugal, para o impulso do desenvolvemento sostible aproveitando os efectos da cooperación transnacional.

O proxecto denominado Sudoe, pretende favorecer as dezasete rutas do viño que existen en España e vencellalas coas portuguesas. O presuposto para a actuación ascende a 1,8 millóns de euros.