I Feira do Coello en Cuntis

O entorno da capela de San Ramón de Anllada, no concello pontevedrés de Cuntis, acollerá o vindeiro 22 de xuño a primeira edición da Feira do Coello, organizada polos propios veciños e na que se agardan servir máis de 1.200 racións de coello de granxa e outras 700 de polbo.

Polo momento, os organizadores teñen reservados 400 coellos, que se servirán á grella con patacas cocidas e con champiñóns. O prezo será de seis euros a ración, incluíndo o pan e a bebida. Existen tickets individuais e para grupos, que xa se poden retirar en diferentes establecementos da localidade e tamén de Caldas e A Estrada.