Festa de integración cultural en Ares

A localidade coruñesa de Ares convertiuse, por unhas horas, nunha vila vikinga da man das cincuenta familias norueguesas que residen estes días alí, mentres Navantia constrúe as cinco fragatas encargadas polo goberno dese país. Unha festa gastronómica e intercultural serviu para homenaxear a estas familias que escolleron Ares para residir polas similitudes co seu lugar de orixe (unha localidade próxima ao mar con pequenas casas con xardín). Na festa, celebrada esta fin de semana, non faltaron os traxes tipicos, o salmón e a carne de reno que degustaron tanto os “invasores” vikingos como os “aboríxenes”.

Mentres, na localidade pontevedresa de Catoira ultiman os preparativos dunha nova edición da Romaría Vikinga, que terá lugar na primeira fin de semana de agosto e que tamén festexa xovialmente as invasións escandinavas.