Falta persoal en hostalería

Está a punto de comezar a temporada alta para o turismo en Galicia pero moitos establecementos teñen déficit de persoal. En esa situación se atopan, por exemplo, os bares e restaurantes de Sanxenxo, que teñen moitas dificultades para reforzar os seus planteis de cara á temporada estival.

Dende o Consorcio de Empresarios Turísticos da localidade achacan estas carencias á falta de persoal non cualificado, se ben tamén inflúe o feito de que moitos destes empregos son de carácter temporal. Nese sentido, a estacionalidade é un dos problemas fundamentais cos que se atopa o sector á hora de fidelizar os seus planteis de traballadores. A emigración está paliando, en parte, esta carencia.