Encontro da Irmandade dos Vinhos Galegos

A Irmandade dos Vinhos Galegos convoca un encontro no Ribeiro da Arnoia, concretamente, na Abadía do mesmo lugar o vindeiro 5 de xullo. Na xuntanza, os socios probarán diferentes viños da zona como os tintos Torna dos Pasás, Viña do Campo ou XL Coto de Gomariz e os brancos Samierás, Colección Costeira Clásico ou Casal de Armán.

Os alimentos que acompañarán a estes viños estarán presididos, como é lóxico, polos pementos típicos da zona. O acto tamén servirá para “entronizar aos catecúmenos que durante o seu longo noviciado teñen demostrado o seu interese, fidelidade e dedicación á causa”.