En Xullo, Feira Mediaval en Noia, a Alteada de Ferrol e a Festa do Río en Monforte

As citas festivas para as próximas xornadas nos levan, entre outras, a Noia, onde os días 12 e 13 de xullo se celebra a undécima Feira Medieval, que agarda converterse nunha das edicións máis innovadoras dos últimos tempos. Recrearanse a procesión de gremios e un desembarco e tamén haberá un torneiro que traballará en vivo.

Por outra banda, o 20 de xullo celébrase a sexta edición da Alteada, xornadas gastronómicas que teñen lugar no barrio de Xuvia (Ferrol). O paseo litoral desta área acollerá degustacións de produtos da ría para uns 400 comensais.

Por último, en Monforte celébrase os días 26 e 27 de xullo, a cuarta Festa do Río, dentro do programa Verán no Cabe. En principio, agárdase que participen un total de dezaoito embarcacións, tanto de Galicia como de Portugal que facilitarán a veciños e visitantes un paseo polo río.