Creada a Sección de Vilas Termais dentro da Fegamp

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) decidiu crear no seu seo a Sección de Vilas Termais, que pretende potenciar o termalismo en todo o territorio galego.

A primeira directiva está presidida polo alcalde de O Carballiño, Carlos Alberto Montes, e tamén forman parte dela os rexedores de Ferreira de Pantón, Carballo, Arnoia e Caldas de Reis.