Cata Concurso de Tintos Galegos en Euskadi

A celebración do Día de Galicia en Euskadi foi o marco da Cata Concurso de Tintos Galegos nesa comunidade, unha actividade organizada pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi en colaboración coa Asociación de Euskadi de Sumilleres.

Participaron medio cento de mostras das diferentes D.O. Galegas, resultando vencedor o Cardenal Rodrigo de Castro da adega Soutelo (Amandi-Ribeira Sacra) e segundo o Regina Expresión de Regina Viarum, tamén de Amandi. O terceiro clasificado por un Valdeorras. Os premios entregaranse este verán nas sedes dos diferentes consellos reguladores.