Área de caravanas en Chantada

O Concello de Chantada inaugurará os vindeiros días 13, 14 e 15 de xuño a área municipal de autocaravanas, situada no lugar de O Sangoñedo, xunto ao paseo fluvial da localidade.

Agárdase que á inauguración acudan centos de turistas procedentes de España e Portugal. O Concello obsequiará cun regalo a cada “tripulación” autocaravanista asistente. A área conta con mesas e xogos para os máis pequenos, está situada a 450 metros do centro urbán e nunha paraxe ideal para camiñar ou andar en bicicleta.

O aparcamento conta con todos os servizos para que estes vehículos poidan permanecer varios días. A festa de inauguración inclúe diferentes visitas guiadas pola zona e unha xornada de portas abertas para todo aquel que queira coñecer como é unha autocaravana por dentro.