Arcade celebra a II Semana Gastronómica

A localidade de Arcade, no concello de Soutomaior (Pontevedra) celebra ata o vindeiro 29 de xuño a II Semana Gastronómica, organizada pola Asociación de Empresarios (AEAS), co apoio da Deputación. Participan unha ducia de establecementos da vila que elaboran menús cos pratos máis típicos da zona e a un prezo moi competitivo.

Por 80 euros, dúas persoas poderán gozar dunha boa mariscada con centola, cigalas, lagostas, ostras, percebes e vieiras, todo regado co Rías Baixas María Vinyals, elaborado en Soutomaior. Os participantes optan, ademais, ao sorteo de varios agasallos.