Agua Be Vida en Guitiriz

O Balneario de Guitiriz cumpre 100 anos e con tal motivo organiza un programa de actividades que se desenvolverá o vindeiro 21 de xullo baixo o epígrafe “Agua Be Vida”.

A xornada comezará coa benvida a cargo de José Cañás, director do Balneario; Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz e Mario Crecente, de Crecente Asociados, que dará paso a unha serie de intervencións de expertos que disertarán sobre Auga e saúde (Rosa Meijide), Auga e pracer (Guillermo Campos) e sobre Augas do mundo (Nick Rowe). En torno ás 12.00 horas realizarase unha ofrenda á auga no manantial de San Xoán para, despois, celebrarse unha cata de augas. Pola tarde, diferentes actividades de ocio relacionadas coa auga que rematarán cunha cea moi especial.