Afrontar a crise con menús ecolóxicos

Todos os beneficios da agricultura ecolóxica sen intermediarios. Esa é a filosofía da asociación de consumo responsable “Semente”, de Ourense, que promove uns encontros entre produtores e consumidores que garanten, aos primeiros, unha saída segura para os seus produtos e, aos segundos, alimentos de calidade sen o incremento de custos que supoñen os intermediarios.

Os clientes recollen eles mesmos unhas cestas de verduras e froitas ecolóxicas semanais por un prezo de 10 euros, unha boa saída á crise económica e aos inconvenientes da folga dos transportes.