Adxudicado o plan estratéxico de turismo de Pontevedra

A empresa Ros Development & Planning, con sede en Barcelona, será a encargada de realizar o plan estratéxico de turismo do Concello de Pontevedra, co que se pretende darlle un pulo ao sector. Presentáronse un total de nove ofertas, sendo a da firma catalana unha das máis vantaxosas. O que acabou de decidir o concurso foi a experiencia que atesoura esta empresa –xa realizou plans similares en Santiago de Compostela ou Lugo, así como en varias localidades catalanas-.

Unha das primeiras accións, a partir de agora, será a posta en marcha dunha oficina municipal de xestión turística, dende a que se impulsarán diferentes iniciativas.