Ternera gallega de Tierras Únicas

Ternera Gallega é unha das doce carnes de vacún e ovino de España co selo IXP (Indicación Xeográfica Protexida) concedido pola Unión Europea que garantiza a orixe única e a calidade destacada destas carnes.

Co obxecto de informar ao consumidor sobre as características destas carnes, nomeadamente a de Ternera Gallega, foi presentada en Santiago de Compostela a campaña “Carnes únicas de tierras únicas”.
Esta campaña, que terá unha duración de tres anos, está xestionada polo Instituto Innovacarne e dotada cun orzamento de 4,8 millóns de euros.

Na súa fase inicial está dirixida aos medios audiovisuais e ao consumidor final. A presentación desta acción promocional, que rematou cun xantar degustación a base de Ternera Gallega no Hotel Puerta del Camino, contou coa presenzia do presidente do Consello Regulador da la IXP Ternera Gallega, Jesús González; Rebeca Vázquez, directora de comunicación de Innovacarne e Ricardo Rivas, subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

A mensaxe de “Carnes únicas de tierras únicas” fai referencia á importancia que ten o territorio e a orixe na produción de carne fresca de vacún e ovino de calidade diferenciada.

Esta é a primeira vez que se promocionan en conxunto en España as carnes frescas de vacún e ovino con sello IXP, algo que foi moi valorado tanto polas administracións como polos consumidores e polo propio sector.