Taky R. Ponte substiúe a Marcelo Tejedor

Taky R. Ponte substiúe a Marcelo na presidencia de Nove

O Grupo Nove celebrou unha xuntanza na que se conformou a nova xunta que asumirá a dirección do Grupo Gastronómico o longo do próximo ano. A partir de hoxe Xavier Rodríguez Ponte- Taky, membro fundador, é o novo presidente do Grupo Nove, sustituindo a Marcelo Tejedor que ocupou o cargo no último ano. Taky, vinculado na actualidade a unha empresa de catering e que ata o de agora é o único cociñeiro galego que representou a España no certame internacional do Bocouse d`Or , estará acompañado na xunta directiva por Xoan Crujeiras (Restaurante A Estación), tamén socio fundador que continuará como vicepresidente, e Héctor López (Restaurante España), que se incorporou o grupo na ampliación realizada en 2006, que ocupará o cargo de secretario.

A nova directiva de Nove asume rematar os proxectos postos en marcha, entre os que destaca a edición dun libro de contos. Este é un dos proxectos máis ambiciosos do grupo, no que conta coa colaboración de Miguel Anxo Prado, como ilustrador, Víctor González, autor dos contos, e cunha banda sonora composta por Guadi, de Espido.

Na xuntanza celebrada onte na Casa de Brandariz, en Arzúa, a nova directiva asumiu tamén o compromiso de editar unha nova peza de comunicación que non deixará indiferente a ninguén.