Recetario de Pepe Solla editado por El País, na súa "Cocina con firma"

Vinte receitas doadas de elaborar son as propostas de Pepe Solla para a colección "Cocina con firma" que edita El País e que se pode conseguir hoxe co diario ou a partir de mañá a través do teléfono 902 11 91 11.

Dende uns berberechos ao natural ata o polbo arosana pasando pola sopa cremosa de millo con zamburiñas ou os chocos recheos, elaboraciones para todos os gustos e ao alcance de todos os afeccionados á cociña.

Pepe Solla é o único cociñeiro galego que participou na colección "Cocina con firma" de El País, que reuniu unha selección de 15 cociñeiros españois de recoñecido prestixio na que aparecen nomes como Ferrán Adriá, Pedro Subijana, Martín Berasategui, Santi Santamaría, Sergi Arola, Andoni Luis Aduriz, Joan Roca, Alberto Chicote, Dani García, Paco Roncero, Toño Pérez, Quique Dacosta, Pedro Morán e Francis Paniego.

O próximo martes 27 de maio, con El País, o segundo libro con
máis receitas de Pepe Solla.