Cata dos Viños en Ribeira Sacra

O Parador de Turismo de Monforte acollerá, os días 29 e 30 de maio, a Cata dos Viños da Ribeira Sacra, que organiza o Consello Regulador desta D.O.

Este ano incorpórase á cata unha novidade, a categoría de viños doutras anadas á que poden presentarse viños elaborados noutras colleitas distintas da de 2007 e viños con barrica da colleita de 2007 (volume mínimo superior a 500 litros).

Participan nesta cata 69 mostras, 11 de Branco, 43 de tinto e 15 doutras anadas, pertencentes a 39 adegas. O panel de cata está formado, entre outros, por Antonio Raluy (Asociación Galega de Catadores), José María Martínez (Asociación Galega de Catadores), Mercedes González (Gallaecia), Francisco Javier López (restaurante España de Lugo), Carlos Portela (Agasu), Fernando Vilariño (técnico do C.R.D.O.R.B.) e José Luis Hernáez Mañas (experto en viticultura).

A precata celebrarase o 29 de maio e a cata final, ao día seguinte. Para tintos e brancos haberá medallas de ouro, prata e bronce e para viños doutras anadas, dúas de ouro.