Excelente acollida do Viño Bus do Ribeiro

O viño bus da Ruta do Viño do Ribeiro está superando todas as previsións da propia organización, pois cada fin de semana aumenta número de persoas que se achegan a participar das diferentes actividades do programa Tempo de Vendima.

O sábado día 19,  o viño bus percorreu o Ribeiro do Miño, esta ruta está a espertar gran interese entre o público, xa que unha das paradas obrigatorias nesta ruta é a igrexa de Santa María de Castrelo de Miño. Participar no viño bus é una ocasión  para visitar o interior desta xoia do patrimonio histórico do Ribeiro.

O domingo día 20 o grupo puido visitar o Ribeiro do Avia. Nesta ocasión a Cooperativa de San Roque de Beade ofreceu una visita guiada e degustación das diferentes marcas que esta adega está comercializando e cuia calidade está sendo recoñecida con varios premios.

Finalizada a visita os participantes disfrutaron do túnel  do viño preparado para a ocasión na Igrexa da Madalena de Ribadavia, onde degustaron diferentes marcas das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro. Finalmente o programa se completou cun xantar de vendima, no Concello de Castrelo de Miño. O menú ofrecido incluiu o tradicional polbo a feira e carne ao caldeiro, acompañados con viño do Ribeiro branco e tinto.