Santiago e Funchal unidos no verán por un voo charter operado por Más Costas

Santiago e a cidade de Funchal, capital do Arquipélago de Madeira, estarán unidas durante este verán por un voo charter operado polo Grupo Más Costas. A promoción deste voo polo Grupo Más Costas implicará a creación dunha serie de paquetes turísticos para Santiago e para o resto de Galicia para ser comercilizados pola rede de axencias Costas Galicia, pertencentes ao grupo na illa lusa. Os contidos destes paquetes serán culturais, termais e fly and drive.