O CSHG segue recibindo a visita das cadeas hoteleiras máis importantes para captar alumnos de prácticas para os meses de verán. Ata o día 23 de febreiro pasarán polo Centro responsables de Recursos Humanos das cadeas Sol Meliá, Barceló Hotels & Resorts, Fiesta Hotels & Resorts, AC Hotels e Hospes Hotels & Moments.
O obxectivo é que os case 400 alumnos que estudan no Centro fagan prácticas de verán, que teñen unha duración que oscila entre as 10 semanas (Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras e Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña) e as 20 semanas (Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras). O curso pasado, os alumnos estiveron de prácticas en hoteis de toda España e noutros países como China, México, Angola, Israel ou Vietnam.