Turgalicia está a desenvolver, ata o 31 de decembro, unha campaña de promoción dos establecementos certificados coa marca Q de Calidade Turística. Esta acción consiste na realización dunha campaña de publicidade exterior nas cidades galegas a través da instalación de máis de 300 mupis nas principais rúas de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.
Con esta campaña, Turgalicia quere difundir entre a poboación das cidades os beneficios que ten para os usuarios dos servizos turísticos galegos a utilización de establecementos certificados, que son auditados de acordo con estritas normas para ofrecer aos clientes os mellores estándares de servizo.
Na actualidade, existen 165 establecementos certificados en Galicia, dos que 36 son hoteis e 60 son aloxamentos de turismo rural. Tamén hai campamentos, balnearios, restaurantes, praias e pazos de congresos, entre outros.