Os amantes do bo marisco teñen unha cita, do 11 ao 16 de xullo, na localidade pontevedresa de Marín, onde se celebra a décimo cuarta edición da Festa Nacional da Cigala. Segundo indicou a organización, os asistentes poderán degustar este afamado produto, acompañado de gambas, preparados de doce maneiras diferentes: cocidas, á prancha, ao allo, caldo de arroz de cigalas porto de Marín, revolto de grelos con cigalas, empanada de millo ou de trigo de cigala e gambas, gambas cocidas, gambas á prancha, gambas ao allo, tortilla de gambas e revolto de grelos con gambas.
A cociñeira Elena Argüello encargarase da lectura do pregón, o sábado ás 12.30 horas.
A cociñeira Elena Argüello encargarase da lectura do pregón, o sábado ás 12.30 horas.