31 de Julio 2010
¿No está inscrito? >> registro

Oficio de sumiller. O Enoturismo Cando a vitivinicultura e o turismo converxen para o disfrute, o coñecemento e o tempo de ocio falamos de Enoturismo. Galicia é un destino de...
[seguir]
A Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia e mais a Secretaría Xeral para o Turismo asinarán un convenio para establecer as liñas de colaboración entre os dous organismos, como acordaron os seus responsables, Héctor Cañete e Carmen Pardo, nunha recente reunión. O acordo contén varios obxectivos dirixidos a accións formativas e informativas para os membros do sector hostaleiro galego. Un deles é a mellora da competitividade en PEMEs de Hostalería, a través de asesoramento experto individualizado e coa organización dunha xornada de comunicación de experiencias por asesorados no programa de 2009.
O convenio recolle tamén o financiamento dun curso de control e xestión A&B para empresas de restauración para dotar aos propietarios, xerentes e administrativos de pequenos e medianos restaurantes de ferramentas eficaces para mellorar a xestión dos seus negocios e aproveitar mellor os seus recursos, maximizando a rendibilidade e mantendo a mellor satisfacción dos seus clientes. Outra das accións formativas que se desenvolverán en colaboración entre a Secretaría Xeral para o Turismo e Cehosga é a celebración dun curso de Revenue Management cuxo obxecto é ensinar aos participantes a importancia de variación dos prezos e como utilizar o Revenue Management como ferramenta imprescindible no sector hoteleiro.
A publicación periódica de Cehosga tamén se recolle no convenio xa que constitúe un instrumento divulgativo de novas e información de interese para o sector turístico e hostaleiro e inclúe información sobre as iniciativas da administración turística galega, tanto da Secretaría Xeral, como de Turgalicia ou a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Neste 2010 celebrarase tamén o IV Encontro da Hostalería Galega, evento anual de confraternización do sector hostaleiro no que se premian aos profesionais do sector pola súa traxectoria. Tamén o financiamento de este evento dirixido ao sector e á administración turística se recolle no acordo.
El Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, celebrará su segunda edición del 25 al 27...
[seguir]
Los efectos de la crisis han reducido durante el segundo trimestre del año el número...
[seguir]
O Consello da Xunta aprobou o convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e...
[seguir]
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, inaugurou no Cebreiro a exposición “Elas fan Camiño”,...
[seguir]
O Centro do Viño da Ribeira Sacra, onde ten a súa sede o Consello Regulador...
[seguir]
O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, inaugurou este mediodía a edición 58 da...
[seguir]
Xacobeo 2010 xa está listo para celebrar a diversidade con cinco sentidos en denominada 'A...
[seguir]
Casi un centenar de comerciantes de todos los sectores, instalados en el municipio pontevedrés de...
[seguir]