31 de Julio 2010
¿No está inscrito? >> registro

Oficio de sumiller. O Enoturismo Cando a vitivinicultura e o turismo converxen para o disfrute, o coñecemento e o tempo de ocio falamos de Enoturismo. Galicia é un destino de...
[seguir]

O cociñeiro Xosé T. Cannas, do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, estrea o día 1 de febreiro un novo programa de televisión que poderá verse na canle Canal Cocina. “Dando la lata”, que así se chama o espazo, inclúe a elaboración diaria de pratos a partir de conservas de peixe, carne, froitas e verduras, unha idea que ao chef lle parece “excepcional, porque vai dirixida a un público global”.
O programa consta de 22 capítulos de 25 minutos de duración, nos que o cociñeiro pontevedrés elaborará dous pratos. A elaboración de cada proposta non superará os quince minutos, coa intención de “axudar á xente a preparar cousas ricas co que se adoita ter á man”, explica o chef. O resultado son receitas como unhas navallas con allo, un arroz verde con berberechos, pataca rechea de cocido en lata ou mexillóns en escabeche de canela e mel.
O chef Pepe Vieira é un dos membros do xurado que valorarán a actuación de dez finalistas de toda España...
[seguir]
El cocinero compostelano Marcelo Tejedor, uno de los más reconocidos del panorama gallego actual, fue...
[seguir]
El cocinero pontevedrés Pepe G. Solla acudirá, como representante de la cocina gallega, al Salón...
[seguir]

O chef Pepe Vieira é un dos membros do xurado que valorarán a actuación de dez finalistas de toda España na elaboración dunha receita a base de conserva de atún en aceite de oliva, durante a Final do IX Concurso Gastronómico Interatún que se celebra no Centro Superior de Hostelería de Galicia.