18 de Noviembre 2008
¿No está inscrito? >> registro

Oficio Turismo. Los secreto sdel éxito turístico El éxito turístico depende de la renta de las personas, cuando ésta baja y/o ven en peligro sus puestos de trabajo, dejan de irse de...
[seguir]
A prantación dun viñedo non é unha obra de enxeñería agronómica, ou é, mais tamén é un acto cultural no que a creatividade do home pode atopar a súa máxima expresión mediante a conxunción da xeografía e do solo e a súa interacción coa vida-dinámica, biodinámica, coas vides tendo o cosmos coma teito e, polo tanto, como referencia.
Arquitectura que se reflicte no trazado e na orientación das ringleiras de vides, na densidade de prantación, nos deseños das formas de condución: vexetación ascendente, descendente, en cortina, en V, en U, en T, en Lira, planos simples ou divididos, pérgolas, emparrados, vasos, espaldeiras, e na súa relación cos puntos cardinais, cos ventos dominantes, coa exposición solar, etc. así como a interrelación, biodinámica, co seu contorno natural, ecosistema, do que forma parte, e co seu contorno humán, con todas as edificacións que leva asociadas: para a elaboración, para a crianza, para o enoturismo, recepción de visitantes, estancia, espazos para degustacións e outras actividades.
Observando e coñecendo todo o conxunto do microcosmos da viña poderemos adiviñar a calidade do viño que esta orixina. Cantos viños que coñecemos están integrados de tal maneira con elementos do seu espazo que incluso adoitan mencionar na súa denominación este elemento que lles dá singularidade e que incluso lles aporta un algo máis, como no caso dos viñedos situados á beira ou inseridos en lugares cun evidente significado relixioso: santuarios, dólmenes, ermidas, etc. Viñedos que, por outra parte, nunca eran elixidos ó azar senón tendo en conta toda unha serie de características que proporcionaban un magnetismo especial, viñas que se benefician destas “propiedades” dando lugar a viños que en determinadas anadas tamén transmiten algo máis, daquela falamos de viños telúricos: as Ermidas varias, os Calvarios, os Clos, etc.

_Oficio Turismo. Los secreto sdel éxito turístico
_Oficio de Sumiller: Enoturismo
_Oficio de Sala. El protocolo: esmoquin
_Oficio Turismo. Convertir a los clientes en fieles recomendadores.
_Oficio Turismo. El mercado de la demanda
_Oficio de Sumiller: O viño, emoción e pracer
_Oficio de Sala_ El protocolo: Etiqueta
_Oficio de Sumiller: Arquitectura da viña (II)
_Oficio de Sala. El protocolo: funciones
_Oficio de Sumiller: Apreciadores (II)
_Ante una nueva temporada, retorno datos y experiencias aprovechables de la anterior.
_Oficio de Sala: Calidad en el servicio (II)
_Oficio Turismo. Las empresas con éxito tienen alma,
_Oficio de Sumiller: Apreciadores (I)
_Oficio de Sala: La Calidad en el servicio (I)
_Oficio de sumiller: variedades punteras gallegas
_Oficio Turismo. Mejorar a los profesionales

Oficio Turismo. A mis adorables AlcaldesCon : Doménec Biosca
Oficio Turismo. El éxito de los destinos turísticosCon : Doménec Biosca
Oficio Turismo. El éxito de hoy y de mañanaCon : Doménec Biosca