29 de Agosto 2008

Os empresarios de Vigo, a... | La etnografía como recurso turístico... | Anadalucía, a comunidade na que... | Unha ruta de sendeirismo descobre... | Buenas cifras para MAKRO España | Medio Rural traballa na recuperación... | Los tintos de la Ribeira... | Comida rápida y de calidad | En España se come el... | Os Milagres de Caión e...

Doménec Biosca

Oficio Turismo. El mercado de la demanda En el facilón, cómodo y ya olvidado mercado de demanda, digo olvidado por los clientes pero desgraciadamente no por algunos profesionales de la oferta que...

[seguir]

‘in’-FÓRMATE con AMAIGA

BUENAS PRACTICAS CON: Teresa Campos

_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.

_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

OConsulting
de TeresaCampos

A.MAI.GA, ASOCIACIÓN GALEGA DE MAITRES Y TÉCNICOS EN HOSTELERÍA

Tipoloxías de proxectos susceptibles de seren subvencionables

No marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2011, entidades beneficiarias e intensidade das axudas antes de que no DOG se publique a resolución pola que aprobarán as bases reguladoras por Agader, ente de dereito público con competencias delegadas para a aprobación dos procedementos de selección de actuacións con cargo ao Fondo Galego de Desenvolvemento Rural así como a súa xestión orzamentaria e a distribución de recursos.

Serán as bases reguladoras das subvención os proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, as normas para a presentación, selección e subvención, en réxime de concurrencia competitiva dos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, potenciando un desenvolvemento equilibrado do territorio e favorecer a xeración de actividade e incrementar o nivel de renda da poboación.

Diferéncianse os proxectos de dinamización económica dos que buscan a mellora da calidade de vida. Entre os primeiros serán subvencionables tanto os de diversificación cara a actividades non agrarias (a transformación e venda de produtos agrarios ou especialidades locais na propia explotación, a elaboración e venda na explotación de produtos artesanais, o agroturismo, actividades culturais de lecer, formativas, didácticas ou ambientais asociadas á valorización dos recursos da zona, as actividades de fornecemento de insumos e servizos a empresas, servicios á poboación ou actividades relacionadas coas enerxías renovables, dos que poderán ser beneficiarios os membros dunha unidade familiar ligada a unha explotación agraria na que se realicen actividades agrarias no momento de solicitar a axuda (ata un máximo do 45% do gasto elexible cun límite de 200.000 euros); como os de creación e desenvolvemento de microempresas (a creación, modernización, ampliación e /ou traslado de pequenas unidades de produción que contribúan a consolidar novas actividades no medio rural en ámbitos como a industria manufactureira, a transformación e comercialización de produtos agrarios -ata 100.000 euros de investimento-, segunda transformación de produtos forestais, pequeno comercio -excepto supermercados- con prioridade para proxectos que valoricen especialidades locais, a artesanía local, servizos ás empresas e á poboación e a creación e mellora de empresas turísticas adicadas á oferta complementaria e ao aloxamento, dos que poderán beneficiarse as persoas físicas ou xurídicas cun número de empregados inferior a dez e un volume de negocio ou balance xeral non superior a dous millóns de euros (ata un máximo do 45% do gasto elixible cun límite de 200.000 euros).

En canto aos proxectos de mellora da calidade de vida serán subvencionables os proxectos que fomente a actividade turística (falamos de actuacións para o desenvolvemento, promoción e comercilización de novos produtos e servizos turísticos, que poderán solicitar os organismos relacionados co desenvolvemento ou a promoción do turismo e padroados de turismo, as asociacións, federacións e confederacións de empresas do sector turístico, e as asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro, e de actuacións de posta en valor e uso turístico dos recursos patrimoniais e naturais do entorno rural, que poderán solicitar persoas físicas ou xurídicas, ou as asociacións ou agrupacións que realicen actividades de incentivo de actividades turísticas nas áreas naturais); os servizos básicos para a economía a e poboación rural (persoas físicas ou xurídicas de dereito privado ou as suas asociacións ou agrupación poderán solicitar as axudas para a atención a colectivos dependentes, acceso a TICs e infraestructuras de lecer, e as asociacións e confederacións de empresarios poderán solicitar as axudas para centros de servicios e novas tecnoloxías) e a conservación e mellora do patrimonio rural (para o mantemento e recuperación de sistemas pastorís en montes veciñais en man común, a posta en valor do patrimonio natural e a valorización do patrimonio cultural, dos que poderán ser beneficiarios agricultores, asociacións de agricultores, comunidades de montes veciñais en man común, asociacións de propietarios forestais e de comunidades de montes e entidades sen ánimo de lucro).

En tódolos casos ata un máximo do 75% do gasto flexible cun límite de 200.000 euros.

[Imprimir]

Ver el calendario de Ferias, Jornadas, Fiestas, Salones, Seminarios, etc...