04 de Septiembre 2010

Mango también vende turismo español | La industria del vino pide... | Alcaldes portugueses se rebelan contra... | Termatalia de gira por Argentina | Ya pueden presentarse candidaturas a... | Las exportaciones de vino crecen... | Ourense dá un paso más... | Las playas de Sanxenxo, más... | Lavacolla estrena parking y en... | Reconstrución virtual da Catedral de...

Nacho Costoya

Oficio de Sala. El protocolo: saber invitar II El tarjetón debe de ser confeccionado en cartulina de notable gramaje y, por lo tanto, dura, con variedades de impresión –lisa o en relive, según...

[seguir]

‘in’-FÓRMATE con AMAIGA

BUENAS PRACTICAS CON: Teresa Campos

_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.

_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

OConsulting
de TeresaCampos

A.MAI.GA, ASOCIACIÓN GALEGA DE MAITRES Y TÉCNICOS EN HOSTELERÍA

Sobre as medidas de aprazamento de pagamentos á seguridade social e á AEAT

No marco do Plan español para o estímulo da economía e o emprego (Plan E) recóllese unha flexibilización dos criterios para a concesión de aprazamentos de pagamento das cotizacións da Seguridade Social para aquelas empresas con problemas de liquidez que se comprometan ao mantemento do emprego, que tamén se pode solicitar á Axencia Tributaria, se non se pode afrontar o pagamento das obrigas en período voluntario.

No caso da Seguridade Social, nos supostos e prazos que se contemplan, a solicitude formalizarase mediante o modelo TC 17/10 con indicación das circunstancias que motivan a solicitude de aprazamento, o período e prazos de amortización que se propoñen, a contía da débeda e os códigos de conta de cotización afectados. A solicitude debe presentarse na administración da Seguridade Social ou na Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na provincia na que o empresario teña autorizada a conta de cotización.

No caso da Axencia Tributaria, e tendo en conta que nunca deben deixar de presentarse as declaracións pois iso suporía cometer unha infracción e carrexaría a correspondente sanción, o que se pode solicitar é o fraccionamento do pagamento e tamén o aprazamento.
En todo caso só son aprazables os pagamentos de débedas distintas das que proveñen da obriga de reter impostos a conta de terceiros, que só poden fraccionarse, para o cal debe solicitarse dentro do prazo voluntario, e no suposto de autoliquidacións no seu período natural de presentación.

Coas garantías e os tipos de interese que se contemplan, a solicitude de aprazamento presentarase ante a AEAT acompañada da seguinte documentación: proposta de plan de pagamentos da débeda que se apraza, xustificación de non poder facer fronte ao pagamento da débeda no momento do seu vencemento, e no caso de débedas superiores a 18.000 euros hai que achegar un pre-aval dunha entidade financeira ou un xustificante da garantía adoptada.

[Imprimir]

Ver el calendario de Ferias, Jornadas, Fiestas, Salones, Seminarios, etc...