31 de Julio 2010

Ponte Caldelas recrea a Guerra... | Catoira inicia os actos do... | Fisterra acolle a XIX Festa... | Las etiquetas de las marcas... | Turismo presenta o Plan Turístico... | O PP, orgulloso da xestión... | Aumenta o gasto de viaxeiros... | Premios para Ribeira Sacra en... | Más crisis, menos empleos en... | A Xunta aproba inicialmente o...

Antonio Portela

Oficio de sumiller. O Enoturismo Cando a vitivinicultura e o turismo converxen para o disfrute, o coñecemento e o tempo de ocio falamos de Enoturismo. Galicia é un destino de...

[seguir]

‘in’-FÓRMATE con AMAIGA

BUENAS PRACTICAS CON: Teresa Campos

_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.

_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

OConsulting
de TeresaCampos

A.MAI.GA, ASOCIACIÓN GALEGA DE MAITRES Y TÉCNICOS EN HOSTELERÍA

Os Sistemas de Certificación da Xestión da Calidade no Sector Turístico

O pasado 7 de xullo o BOE publicaba a Resolución da Dirección Xeral de Industria coa relación de normas UNE aprobadas por AENOR (Asociación Española para a Normalización) durante o mes de xuño de 2008, con efecto dende o día seguinte á súa publicación. Entre elas está a UNE182001:2008, para Hoteis e Apartamentos Turísticos. Requisitos para a prestación do servizo, que substitúe a UNE 182001:2005., unha revisión da norma que a adaptada ás necesidades reais do sector.

A xestión da calidade é unha ferramenta clave para a competitividade das empresas do sector turístico, a través de sistemas que buscan a optimización dos recursos, a redución de custos e fallos no servizo, e coñecer e mellorar a satisfacción do cliente.
En maio de 2001 o ICTE (Instituto para a Calidade Turística de Española) comezou a publicar as normas Q de calidade turística para Hoteis e Apartamentos Turísticos, Cámpings, Restaurantes, Casas Rurais, ... que logo iniciaron un procedemento de recoñecemento público e publicación como normas UNE (Unha Norma Española): UNE 182001:2001 Para Hoteis e Apartamentos Turísticos (agora modificada), Grupo UNE 167000 para Restaurantes e UNE 184001:2007 para Cámpings.

A certificación Q de Calidade Turística asegura o cumprimento de requisitos de servizo, pois a norma marca uns estándares de acordo coa tipoloxía do establecemento, converténdose ademais nunha ferramenta de xestión de procesos. A norma establece distintos tipos de requisitos: a) de xestión -comúns a todos os establecementos-, b) de servizos -establécense en función dos procesos e servizos que presta cada establecemento-, c) de medición - parámetros obxectivos e medibles-, d) de apreciación -dependen da percepción do auditor ou do cliente-.

Existen máis normas de certificación de sistemas de xestión como a UNE EN-ISO 9001:2000 que implica o cumprimento dos requisitos desta norma inspirados na mellora continua e a satisfacción do cliente, aplicable a todas as empresas e polo tanto tamén ás do sector turístico.

A norma UNE EN-ISO 14001:2004, que recolle os requisitos para implantar un sistema de xestión ambiental para a protección do medio e a prevención da contaminación en equilibrio coas necesidades socioeconómicas.

Por último citamos o Regulamento EMAS (Sistema Comunitario de Ecogestión e Auditoría) define un modelo de xestión que permite a avaliación e mellora do comportamento ambiental, e a difusión ao público en xeral e aos axentes interesados.

Todas as certificacións son voluntarias, e ten unha validez de tres anos, aínda que se revisan anualmente. A certificación outórse (tras unha exhaustiva auditoria) realizada polas entidades de certificación acreditadas por ENAC (Entidade Nacional de Acreditacións) e recoñecidas polo ICTE.

As empresas auditoras recoñecidas actualmente polo ICTE son AENOR, BUREAU VERITAS, INSPECCION, AUDITORIA Y CERTIFICACION, LLOYD´S REGISTER, SGS Y TÜV RHEINLAND

Máis in formación en Internet::
http://www.calidadturistica.es/
http://www.icte.es

[Imprimir]

Ver el calendario de Ferias, Jornadas, Fiestas, Salones, Seminarios, etc...