31 de Julio 2010
¿No está inscrito? >> registro

Oficio de sumiller. O Enoturismo Cando a vitivinicultura e o turismo converxen para o disfrute, o coñecemento e o tempo de ocio falamos de Enoturismo. Galicia é un destino de...
[seguir]
_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.
_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

Abordamos a última das axudas que prevé o IGAPE para as PEMES galegas, no marco das liñas de actuación en tempos de crise. A axuda IG164 - LIÑA 3 - PROGRAMA DE AMPLIACIÓN DE CAPITAL SOCIAL, que ten como finalidade facilitar o acceso ó financiamento por parte das Pemes co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financiera, a través de préstamos dos que poden ser beneficiarios potenciais os socios actuais ou futuros de Pemes con forma xurídica de sociedades mercantís ou sociedade cooperativa xa constituídas, que soliciten financiamento alleo co obxecto de obter fondos con destino exclusivo á toma de participación nunha ampliación de capital con desembolso inicial do 100% desta, no marco dun acordo de ampliación de capital adoptado pola xunta xeral da sociedade.Os socios poderán ser tanto persoas físicas como xurídicas, sen necesidade de cumprir os requisitos establecidos no artigo 2º en canto á localización nin as actividades subvencionables.
Non obstante, no caso de tratarse de empresas deberán acreditar o requisito de Peme. Así mesmo, as sociedades que amplíen o seu capital deberán cumprir ditos requisitos, é dicir, ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia e realizar algunha das actividades subvencionables recollidas no Anexo I das bases. Neste caso tamén entre os sectores incentivables atopamos ao Turismo.
A solicitude presentada ao Igape deberá basearse nun diagnóstico e nun plan estratéxico da sociedade que pretende levar a cabo a ampliación de capital, do que, a xuízo do Igape, se deduza a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo sobre a base dunhas perspectivas obxectivas en canto ás súas futuras condicións de funcionamento e que, en todo caso, conleve ao restablecemento do seu equilibrio financeiro.
Non poderán subsidiarse as ampliacións de capital no caso de que a empresa emisora efectuara unha redución do capital social nos últimos tres exercicios, excepto que esta redución fose destinada a compensación de perdas.
O importe máximo de préstamo subsidiable será de 600.000 € por empresa que amplía o seu capital. Excepcionalmente, en aqueles casos en que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico poderanse contemplar importes superiores. O importe mínimo atendible por cada un dos socios solicitantes será de 3.000 €.
En todo caso, o volume do préstamo con dereito a subsidiación determinarao o Igape a partir da análise das necesidades financeiras que se derivan do diagnóstico e dos estados financeiros da sociedade e limitarase ao necesario para o restablecemento do equilibrio financeiro da sociedade emisora, fixándose o limite máximo de ampliación subvencionable cando se alcance a relación 55/45 entre fondos propios e pasivo alleo.
Anque non se establece un prazo máximo de amortización a subsidiación calcularase para un préstamo teórico a 7 anos. O tipo de xuro nominal anual será o EURIBOR a 6 meses mais tipo adicional pactado entre as partes (o tipo adicional non poderá exceder de 1,50 puntos cando a operación este avalada por unha SGR e de 2,00 no resto dos casos).
As entidades financeiras prestamistas poderán percibir unha comisión de apertura máxima dun 1% e as SGR unha comisión de estudo máxima dun 0,50%.
A Axuda do Ágape consiste en:
• Subsidiación ao tipo de xuro dun máximo de 1,50 puntos porcentuais no caso de operacións avaladas por unha SGR e 2,00 puntos no resto dos casos. En calquera caso, os puntos de subsidiación non superarán o tipo adicional pactado.
• Subvención da comisión do aval financeiro prestado pola SGR.
• Subvención do 50% da comisión de estudo da SGR e apertura da entidade financeira.
A axuda financeira que se conceda pagarase dunha soa vez.
O prazo de presentación de solicitudes na entidade de crédito iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de decembro de 2009.
Esta axuda é compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea. A subvencións financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de mínimis, e non poderán superar 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da Internet http://www.tramita.igape.es
REFERENCIA LEXISLATIVA: Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG Nº215 do 05/11/2008) - Bases reguladoras e Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG Nº217 do 07/11/2008) - Corrección de erros.
_Sobre as medidas de aprazamento de pagamentos á seguridade social e á AEAT_Axudas a asociacións para festas populares_Novo Regulamento de Protección de Datos_PLAN RENOVE TURISMO 2009_II - O despido laboral_I - O despido Laboral _II Axudas de Salvamento e Reestructuración a Empresas en Crisis do IGAPE._I Axudas de Salvamento e Reestructuración a Empresas en Crisis do IGAPE._Os Sistemas de Certificación da Xestión da Calidade no Sector Turístico_Bases reguladoras das subvencións para asociacións en apoio a festas populares e outros eventos de contido turístico._A Xunta de Galicia vén de publicar o Decreto de Sinalización Turística de Galicia, co fin de unificar _Chega unha cuestión sobre o dereito de admisión_Programas de Desenvolvemento Rural 2007-2011: proxectos subvencionables._Contratación de Extranxeiros (III)_Contratación de Extranxeiros (I)_Contratación de Extranxeiros (II)_Trazabilidad y congelación: buenas prácticas en la cocina