31 de Julio 2010

A música do Courel e... | A Semana Santa de Paradela... | A Xunta aproba inicialmente o... | Campaña de sensibilización medioambiental nas... | El gasto de los turistas... | Inorde presenta su concurso de... | Lonely Planet convoca un concurso... | Os produtores de leite anuncian... | Paradores contra la violencia de... | Prepárase a candidatura do Ferrol...

Antonio Portela

Oficio de sumiller. O Enoturismo Cando a vitivinicultura e o turismo converxen para o disfrute, o coñecemento e o tempo de ocio falamos de Enoturismo. Galicia é un destino de...

[seguir]

‘in’-FÓRMATE con AMAIGA

BUENAS PRACTICAS CON: Teresa Campos

_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.

_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

OConsulting
de TeresaCampos

A.MAI.GA, ASOCIACIÓN GALEGA DE MAITRES Y TÉCNICOS EN HOSTELERÍA

I Axudas de Salvamento e Reestructuración a Empresas en Crisis do IGAPE.

O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) dependente dá Consellería de Economía e Facenda oferta un amplo abano de servizos e axudas á actividade empresarial e á posta en marcha de novos proxectos polos emprendedores: deseño dun plan de empresa, apoiaturas para facilitar os investimentos, consolidación e mellora da competitividade, ferramentas telemáticas que facilitan a creación de novas sociedades en 48 horas, etc.

De entre as axudas en vigor do IGAPE destacamos as Axudas de Salvamento e Reestruturación a Empresas en Crise, a finalidade da cal é devolver a viabilidade técnica e económica a empresas galegas en dificultades. Prevé dous tipos de axudas: garantías e axudas a fondo perdido, e poden beneficiarse as empresas galegas, xeralmente PEMES, que se atopen nunha situación difícil e sexan incapaces de reestruturarse con recursos propios ou con fondos de accionistas ou acredores, e que pretendan acometer un plan de reestruturación que asegure a súa viabilidade futura. Entre os sectores incentivables inclúese o turismo, e poderán ser beneficiarias as empresas que cumpran polo menos un dos seguintes requisitos: no caso de Sociedades de Responsabilidade limitada ten que ter desaparecido máis da metade do seu capital subscrito, e que nos últimos 12 meses se perdera máis dunha cuarta parte.

Se se trata dunha sociedade de responsabilidade ilimitada, que desapareceran máis da metade dos seus fondos propios segundo a súa contabilidade, e que se perderan máis da cuarta parte nos últimos doce meses. Para calquera forma de empresa, que reúna as condicións que establece o ordenamento xurídico para someterse a un procedemento concursal. Se non se incorre en ningún dos requisitos anteriores considerarse que a empresa está en crise se se aprecian os síntomas habituais deste tipo de situacións: nivel crecente de perdas, diminución do volume de negocio, incremento das existencias, exceso de capacidade, diminución da marxe bruta de autofinanciamento, endebedamento crecente, aumento dos gastos financeiros ou debilitamento ou desaparición do activo neto.

Nunca poderán acollerse a estas axudas as empresas de nova creación (é dicir, con menos de tres anos de actividade no seu sector) nin as empresas que xurdan da liquidación ou absorción de activos doutra.

A empresa deberá presentar un Plan de Reestruturación. Validado polo IGAPE poderá recibir as axudas de reestruturación: garantías de como máximo o 70% sobre empréstitos ou créditos; subvenciones a fondo perdido dos gastos financeiros de prestamos a longo prazo destinados á reestruturación de pasivos; subvencións a fondo perdido dos gastos financeiros de prestamos a longo prazo concertados por persoas físicas ou xurídicas destinados á ampliación de capital das sociedades en crise; subvencións a fondo perdido dos custos externos da elaboración do plan de reestruturación da empresa en crise, cando se verifique que a empresa non pode soportar estes custos. En ningún caso as axudas superaran os límites cuantitativos que establece o Regulamento CE num. 69/2001 da Comisión da Unión Europea sobre axudas de mínimis, e o importe máximo da axuda combinada concedida a unha única empresa, tanto en concepto de salvamento coma de reestruturación, non poderá superar os 10 millóns de euros. Para a determinación da contía das axudas terase en conta a localización da empresa, o sector de actividade, o impacto estimado do peche da empresa sobre a actividade económica e o emprego na súa zona de influencia e a necesidade de apoio para asegurar a viabilidade en relación cos recursos propios que achega a empresa solicitante. Antes da presentación do Plan de Reestruturación poderá recibir, durante un tempo limitado, axudas de salvamento: garantías sobre empréstitos ou créditos a curto prazo, que se destinarán ao financiamento dos gastos de funcionamento e o importe da cal será o estritamente necesario para manter a empresa en funcionamento ata a presentación dun plan de reestruturación ou de liquidación.

Estas axudas teñen unha vixencia dende o día seguinte á súa publicación no DOGA e ata que non se publique a súa derogación expresa, son incompatibles con calquera outra axuda regulada polo IGAPE, e compatibles con outras axudas de calquera Administración Pública, institución ou ente público sempre que non se superen, en termos de subvención neta equivalente, os límites máximos de axuda previstos na normativa comunitaria para as empresas en crise.
Lexislación:
• Resolución do 26 de decembro de 2006 – Bases (DOGA nº3 do 04/01/06)
• Corrección de erros (DOGA nº7 do 11/01/06)
• Resolución do 19 de abril de 2006 – Modificación das bases (DOGA nº81 do 27/04/06)
• Resolución do 31 de xullo de 2007 –crédito dispoñible (DOGA nº153 do 08/08/06)

+ infowww.igape.es 902 300 903

[Imprimir]

Ver el calendario de Ferias, Jornadas, Fiestas, Salones, Seminarios, etc...