18 de Noviembre 2008
¿No está inscrito? >> registro

Oficio Turismo. Los secreto sdel éxito turístico El éxito turístico depende de la renta de las personas, cuando ésta baja y/o ven en peligro sus puestos de trabajo, dejan de irse de...
[seguir]
_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.
_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

O sector hosteleiro galego sofre, especialmente en na tempada de verán un grave problema de exceso de oferta de emprego no sector que non se cobre co mercado de traballo nacional. É importante coñecer as e opcións e procedementos para contratar estranxeiros,
unha práctica que vén sendo habitual e que non sempre se realiza correctamente, por falta de información ou porque os procesos se inician tarde e é un procedemento que require o seu tempo.
Segundo a lexislación vixente só se poden contratar en España ás persoas estranxeiras que estean especificamente autorizadas para ejercer unha actividade laboral no noso país, situación que debe acreditarse cunha “autorización de traballo”. Polo tanto, os inmigrantes extracomunitarios só poderán traballar legalmente en España:
1.- Se son titulares dunha autorización de traballo en vigor.
2.- Se residen en España por estudos e teñen autorización para traballar (sempre que a actividade sexa compatible cos estudos e que os contratos se realicen por escrito a tempo parcial ou a xornada completa se a duración do contrato non supera os tres meses e non coincide co periodo lectivo).
3.- Os que solicitaron asilo (se transcorreron seis meses dende a presentación da solicitude).
4.- Se teñen a condición de refuxiado.
5.- Se son titulares dun permiso de residencia permanente ou temporal por circunstancias especiais con autorización para traballar.
6.- O cónxuxe dun nacional comunitario e
7.- Un apátrida.
O Consello de Ministros na súa reunión do 21 de decembro de 2007 acordou o Continxente provisional de traballadores estranxeiros de réxime non comunitario en España para o ano 2008. O sistema do Continxente permite contratar inmigrantes que non se achen nin residan en España. Trátase dun mecanismo para canalizar os fluxos migratorios laborais no que se fixa anualmente, por acordo do Consello, o número e características das ofertas de emprego que en determinados sectores de actividade e ocupacións van dirixidas a traballadores estranxeiros non comunitarios que non se achen nin residan en España. Son as organizacións empresariais de ámbito provincial ou directamente as empresas as que poderán solicitar a xestión das ofertas laborais a través deste sistema, podendo participar directa ou indirectamente nos procesos de selección. Concedido o visado pola autoridade consular, éste incorpora unha autorización inicial de residencia e traballo por conta allea para un ano, con vixencia a partir da entrada en territorio español, aínda que limitada a un ámbito xeográfico e sector de actividade, e que permite a incorporación inmediata do traballador á empresa.
O Contixente 2008 contempla para Galicia no sector: para A Coruña 70 cociñeiros, 130 camareiros e 30 camareiras de pisos; Lugo: 1 recepcionista de hotel, 40 cociñeiros, 111 camareiros e 1 pinche de cociña e Pontevedra: 10 cociñeiros.
En internet: http://extranjeros.mtas.es
_Axudas de Salvamento e Reestructuración a Empresas en Crisis do IGAPE._Os Sistemas de Certificación da Xestión da Calidade no Sector Turístico_Bases reguladoras das subvencións para asociacións en apoio a festas populares e outros eventos de contido turístico._A Xunta de Galicia vén de publicar o Decreto de Sinalización Turística de Galicia, co fin de unificar _Chega unha cuestión sobre o dereito de admisión_Programas de Desenvolvemento Rural 2007-2011: proxectos subvencionables._Contratación de Extranxeiros (III)_Contratación de Extranxeiros (II)_Trazabilidad y congelación: buenas prácticas en la cocina