18 de Noviembre 2008

Certificación ISO para la bodega... | Los nuevos espumosos | Héctor López recoge hoy en... | Xantar nos acerca a Argentina | Medio Rural presenta VAC.1, una... | Iberia se hará con Vueling... | El PIB de Galicia crece... | Veda para el camarón y... | Ni las ayudas animan a... | Sánchez Bugallo, distinguido coa Orde...

Doménec Biosca

Oficio Turismo. Los secreto sdel éxito turístico El éxito turístico depende de la renta de las personas, cuando ésta baja y/o ven en peligro sus puestos de trabajo, dejan de irse de...

[seguir]

‘in’-FÓRMATE con AMAIGA

BUENAS PRACTICAS CON: Teresa Campos

_Licenciada en Derecho por la Universidad de Compostela, Master en Gestión de Ecoturismo y Técnico en Gestión de Administraciones Públicas y Técnicas Turísticas.

_Desde 1988 con Hostelería Galega & Turismo asume la coordinación de proyectos de promoción profesional –Campeonatos de Cocineros, Sumilleres y Jefes de Sala-, la organización de eventos, proyectos de formación y la Secretaría Técnica de colectivos profesionales del sector, Grupo Nove, Lareira, ...)

OConsulting
de TeresaCampos

A.MAI.GA, ASOCIACIÓN GALEGA DE MAITRES Y TÉCNICOS EN HOSTELERÍA

Chega unha cuestión sobre o dereito de admisión

O dereito de admisión é a facultade que teñen os titulares dos establecementos públicos de determinar as condicións de acceso dentro duns límites legais, que veñen dados polo respecto á dignidade das persoas, os seus dereitos fundamentais e a igualdade ante a lei, sen que poida prevalecer ningún tipo de discriminación: non se pode negar a ninguén a entrada a un local público de xeito arbitrario ou improcedente.

As condicións de entrada a calquera local, se existen, teñen que ser públicas, a través dun cartel informativo que debe recoller os requisitos de acceso e estar colocado no acceso ao local nun lugar visible, e no que debería indicarse tamén o aforo máximo permitido.

Poden existir carteis informativos no interior do local pero só terán a condición de recordatorios dos sitos no exterior ou na entrada do local. O dereito de admisión está recoñecido en todos os establecementos destinados ao público, con independencia da súa titularidade pública ou privada. Lamentablemente, non é infrecuente que se prohíba o acceso a locais de hostalaría por razóns claramente discriminatorias ou que dependen da apreciación subxectiva de quen controla o acceso.

O Real Decreto 2816/82 polo que se aproba o Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas establece a responsabilidade das empresas sobre o que acontece no seu interior, se concorreu imprudencia ou neglixencia, o cal dá pé ao exercicio do dereito de admisión en determinadas circunstancias, ademais da derivada da obriga de impedir o consumo nos seus locais de drogas tóxicas, estupefacientes e substancias psicotrópicas.

Dende un punto de vista puramente empresarial, cada negocio selecciona dun ou doutro xeito aos seus clientes en busca dun maior beneficio, sempre que o dereito de admisión non vulnere o principio de igualdade, para a garantía da cal o RD 2816/82 no artigo 59.1 establece que "o público non poderá entrar no recinto ou local sen cumplir os requisitos aos que a empresa tivese condicionado o dereito de admisión, a través da súa publicidade ou mediante carteis, ben visibles, colocados nos lugares de acceso, facendo constar claramente
tales requisitos” (por exemplo, a prohibición de entrar portando armas ou drogas ou con roupa deportiva).

Os requisitos para o exercicio do dereito de admisión son, 1º, dar a axeitada publicidade a estes e, 2º, que eses requisitos non resulten arbitrarios. Iso significa que un simple cartel coa lenda "Reservado o dereito de
admisión" é insuficiente para o exercicio do dereito. A aínda vixente Lei do Ordenación do Turismo de Galicia (Lei 9/1997) (e tamén o anteproyecto de Lei do Turismo de Galicia feito público o pasado ano) no seu título III recolle os dereitos e deberes en materia turística, e en relación co dereito de admisión cita o dereito á seguridade do usuario turístico, que debe ter garantida pola empresa turística a súa seguridade persoal, o cal autoriza ao empresario a limitar o acceso aos que poidan poñela en perigo sempre baseándose en criterios obxectivos e non discriminatorios.

Se se nega o acceso a un local e non existen os preceptivos carteis informativos, o usuario turístico poderá
solicitar a folla de reclamacións, e se esta se lle nega poderá reclamar a presenza dun axente da autoridade e presentar unha denuncia, ejercitando o seu dereito de defensa xurídica, pero en ningún caso os axentes da autoridade poden obrigar o titular do local a admitir a quen lle aplicaron ao dereito de admisión: serán as autoridades administrativas ou xudiciais os que resolvan e apliquen a sanción que proceda.

[Imprimir]

Ver el calendario de Ferias, Jornadas, Fiestas, Salones, Seminarios, etc...